PREGUNTAS FRECUENTES (FAQ)
Todo o que precisas saber antes de chegar ao Extruga.
ENTRADAS
ONDE MERCO A ENTRADA?
Non tes que mercar entrada, simplemente vir con ganas de disfrutar da cultura urbana en Verín.
HAI LÍMITE DE IDADE?
O festival é para todos os públicos. Os menores de 16 anos deben vir acompañados dun titor legal.
COMO CHEGAR
ONDE SE CELEBRA?
O festival ten varios espazos en Verín, Ourense. Os puntos principais son a Praza Maior, a Praza do Concello e o espazo da Preguiza.
HAI TRANSPORTE PÚBLICO?
Verín está conectado por bus coas principais cidades galegas e con Madrid. Recomendamos revisar os horarios de Monbus e Arriva.
ALOXAMENTO
ONDE DORMIR?
Verín conta cunha variada oferta de hoteis e hostais. Recomendamos reservar con antelación debido á alta demanda durante as datas do festival.
HAI ZONA DE ACAMPADA?
Existe unha zona habilitada para pernoctar durante o Festival.