QUEN SOMOS
Unha visión contemporánea da cultura galega.
NOSA MISIÓN
Dar visibilidade a artistas que están transformando o panorama musical, crear un ecosistema creativo sostible e ofrecer ao público unha experiencia única onde a cultura se vive con intensidade, orgullo e proximidade.
NOSA VISIÓN
Consolidarnos como un referente da cultura urbana e electrónica en Galicia, un festival que non só programa, senón que acompaña, impulsa e constrúe comunidade.
VALORES
CULTURA
Reivindicamos a identidade galega desde unha perspectiva moderna, diversa e aberta ao mundo.
INNOVACIÓN
Apostamos pola innovación cultural sen perder as raíces, combinando tradición e vangarda.
COMUNIDADE
Nacido no corazón de Galicia, somos un punto de encontro que conecta escenas e impulsa o talento.
SOSTIBILIDADE
Cremos nun ecosistema creativo que perdure e respecte o territorio que nos acolle.